Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS buscarán unha sentenza exprés nas illas Canarias ante o Colegios Arenas Gáldar

Nota de prensa

*OS LARANXAS BUSCARÁN UNHA SENTENZA EXPRÉS ANTE OS CANARIOS*

Os laranxas buscarán mañá unha sentenza exprés nas illas Canarias ante o
Colegios Arenas Gáldar. Partindo coa vantaxe do 4-0 en Vista Alegre, o Burela FS
loitará por resolver a primeira eliminatoria do play off a Honra, a partir das
*18.30 horas (horario insular)*, no pavillón Juan Beltrán Sierra.

O cadro burelao esgotará ata a máis mínima opción para aproveitar o resultado a
favor da bomboneira e acceder á seguinte fase sen recorrer ao terceiro partido.
Para iso, o cadro laranxa será fiel ao seu xogo; apostará polo xogo despregado
na casa, evitando a comodidade do rival e a especulación.

A expedición mariñá, que partiu esta madrugada cara ás Canarias coa presenza do
presidente do club, José Ramón González Casas, concluirá os adestramentos da
semana esta tarde, cunha sesión rexenerativa. Para este partido, volverá ser
baixa Edu, que evoluciona segundo o previsto da súa lesión muscular con
desinserción da zona isquiotibial; Christian tampouco poderá participar, por
unha inflamación de xeonllo que precisa repouso; e Clebinho arrastra molestias
nun xeonllo por unha forte entrada o sábado en Vista Alegre. Estará na
convocatoria de novo o meta xuvenil Juan.

No caso de que a fase non se decida coa segunda cita, o Juan Beltrán acollerá o
terceiro e último encontro o *domingo, á mesma hora*.

*Marfil-Lanzarote. *A segunda cita entre o Marfil Santa Coloma e Lanzarote
Arrecife Tías Yaiza arrincará hoxe, ás 20.00 horas, no pavillón barcelonés
Jacint Verdaguer. No caso de que os cataláns, con vantaxe polo 1-4 a domicilio,
non sentencien a eliminatoria, volverán xogar o domingo, ás 12.00 horas.

Exit mobile version