Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presentou o seu programa “para que O Valadouro sexa o mellor concello para vivir”

Nota de prensa:

Programa electoral do BNG do Valadouro
Dende o BNG do Valadouro presentamos o noso programa electoral para as proximas eleccions. Con este programa pretendemos atacar un dos principais problemas do Valadouro, a perda de poboación.

Para isto fixamonos tres obxetivos principais:
Que o Valadouro sexa o mellor concello para criar un fillo. Esta será a “marca” coa que dende o Valadouro pretendemos atraer xente.
Que o Valadouro sexa o mellor concello para vivir. Para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños.
Conseguir crear emprego no concello do Valadouro. Con este grupo de medidas pretendemos fixar poboación e evitar que a xente se vaia para outros concellos.

Como ferramentas para conseguir isto plantexamonos:
Mellorar o funcionamento do Concello. Sacar o maximo partido posible a cada euro do Concello, para facer mais con menos, intentando ofrecer un mellor servicio.
A unificacion dos concellos do Valadouro e Alfoz. Por que temos os mesmos problemas e precisamos as mesmas solucións.

O Mellor concello para criar un fillo
Aumento das axudas os pais
Transporte para os alumnos que cursan bachiller ou FP nos concellos veciños
Mellora garderia : Mellorar o seu funcionamento.
Complementar o colexio:Clases de ingles con profesores nativos.Programa madrugadores.
Actividades para a xuventude.
Cubrir a piscina municipal

O mellor concello para vivir
Novo Plan xeral urbanismo con reserva de entre un 25%a un 40% para vivenda protexida.Promocion de vivendas sociais, especialmente orientadas para a xente nova.Rehabilitación do casco vello de Ferreira.Limpieza de fincas que rodean nucleos rurais ou urbanos.
Permitir construir nas parroquias. Aumentar nucleos población.Internet nas parroquias
Soterramento dos contenedores.Contenedores de recollida selectiva nas parroquias.
Creación dun Centro de dia.Retomar a colaboracion na prevención das drogodepencias.
Sacar partido a casa da cultura.Apoio a asociacions: Cesion de locais.Promoción de novos valores do valadouro: pintores, cantantes,etc…Creación dunha escola de música.
Conseguir un concello accesible.

Fomento emprego
Traballo en conxunto de ambos os dous concellos do Val a prol da creación dun polígono industrial.
Apoio o sector forestal.Racionalizar a explotación forestal. Ofertar formación especifica
Museo etnografico do mel.
Impulso institucional do cooperativismo.
Fomento da produción agrícola de horta e introdución duns cultivos orientados ao mercado.
Acondicionamento do Valadouro como zona turística, divulgando a súa imaxe entre o mar e a montaña.
Recuperación das feiras tradicionais e do mercado semanal.
Cambiar a orientacion das escolas taller para que a formación esteña orientada as necesidades do mercado laboral.
Desenvolvemento de actividades que poidan atraer ó turismo: pesca fluvial, senderismo, rutas a cabalo, caza.
Realización de estudios do solo para analizar os cultivos mais axeitados.
Montar un grumir
Matadoiro mancomunado co concello de Alfoz.
planta de biomasa.
Catalogación de monumentos e espacios naturais.

Funcionamento do concello
Cómpre asegurar a transparencia e a equidade na contratación do persoal ao servizo do Concello.
Transparencia na Administración municipal, asegurando sempre o máximo coidado no trato co cidadán.
Información puntual da actividade do goberno municipal.
Implicación efectiva dos colectivos sociais na xestión do goberno local.
Creación dun regulamento que permita aos cidadáns presentar propostas nos plenos. Posta en marcha dos orzamentos participativos.
Creación da Concellaría da Muller, con especial atención á muller maior do mundo rural. Fomento da igualdade de oportunidades.
Promoción da participación da mocidade na vida socio-económica do Val.
Administracion electronica
Eliminacion da taxa por compulsa de documentos.
Servicio dende o concello para axudar os cidadans a realizar tramites na administración electronica: extensión agraria, etc…

Unificacion dos dous concellos
O futuro económico do Val pasa pola unidade dos dous concellos. A fusión do Valadouro e de Alfoz é vital para:
Acadar maiores recursos económicos.
Frear a irracional duplicación de servizos.
Xerar unha Administración municipal forte para a creación de emprego.
Comenzar mancomunando servicios.

Exit mobile version