NOTA DE PRENSA DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE VIVEIRO 06/05/2011
Esta tarde compareceu en Rolda de Prensa o Candidato do BNG á Alcaldía de Viveiro, Bernardo Fraga, xunto con Olaia Casas, 2ª da candidatura e Manolo Galdo, que ocupa o 3º lugar. Para presentar o PROGRAMA DE GOBERNO, do BNG para as Eleccións Municipais do vindeiro 22 de maio.
O Bloque Nacionalista Galego realizou un traballo serio e de compromiso co futuro de Viveiro, coa elaboración dun programa de goberno, recollendo as numerosas aportacións das distintas asociacións e entidades sociais que a día de hoxe actúan no noso Concello. Programa que podedes ler ao completo no seguinte enlace:
http://www.blogsnacionalistasgalegos.net/bernardofraga/programa
Bernardo Fraga, candidato á Alcaldía do BNG, declarou na tarde de hoxe:
“O BNG comprométese con Viveiro, cun programa para gobernar o Concello, cheo ideas novas, proxectos e seriedade. Un programa que ten como principal preocupación e inquietude a loita contra o paro, cunha aposta firme pola economía productiva, e polo desenrolo dos sectores básicos para o noso desenvolvemento como, o comercio, pesca ou a agricultura e o sector turístico”
“O BNG é a única alternativa de cambio, rexeneración política, ideas novas e xestión eficaz, que existe en Viveiro, fronte a outras que levan trinta anos participando na vida municipal, e que nos colocaron na situación actual” “O BNG ten equipo de goberno, procedente dos colectivos sociais do Concello, que garante traballo serio e constante, coñecemento e experiencia para solucionar os problemas das veciñas e veciños, e para afrontar o futuro con optimismo”
“O programa do BNG é froito do traballo e análise realizado sobre a situación política e social do Concello, recollendo as inquietudes da maioría dos colectivos sociais activos no noso Concello, e que deixa ver con claridade que no BNG temos un proxecto de futuro para Viveiro”