Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros asegura que creará unha rede de transporte entre parroquias, centro de saúde e concello

Nota de prensa

O BNG DE BARREIROS CREARÁ UNHA REDE DE TRANSPORTE MUNICIPAL QUE CONECTE AS PARROQUIAS ENTRE SÍ E QUE AS COMUNIQUE CO CENTRO DE SAÚDE E CO CONCELLO PARA FACILITAR ASÍ A MOBILIDADE DAS PERSOAS MAIORES.

Barreiros, 9 de maio de 2011. O BNG de Barreiros ven de presentar o seu programa para a terceira idade.

Os nacionalistas subliñan que “Barreiros, que é un concello de 3.200 habitantes, ten 1.100 que pasan de 65 anos, polo tanto os servizos sociais destiñados ao benestar das persoas maiores serán o noso principal obxectivo nos vindeiros catro anos desde o goberno do Concello”. Desde o BNG consideran “xustísima a reivindicación dos nosos maiores de dispoñer dun centro de día, que foi prometido moitas veces polo PP, pero que non se moveu nada de nada para facelo. Isa será unha das nosas prioridades así como que a asignación de horas no servizo de axuda no fogar se fará con arreglo a baremos marcados pola lei, a criterios obxectivos e en función das necesidades dos usuarios e non por amiguismo ou por intereses políticos como aconteceu co PP nestes anos”.

O BNG lembra que “Barreiros está formado por moitas parroquias e non ten un núcleo urbano definido onde converxa todo, agás en servizos básicos como a sanidade. Tendo en conta esa dispersión poboacional e os problemas de mobilidade que teñen moitas persoas maiores, que non dispoñen dun vehículo ou quen os leve ao centro médico ou a facer xestións ao Concello, imos crear unha rede de transporte municipal conectando as parroquias entre sí e comunicándoas co Concello para facilitarlles ese acceso a todos os veciños”.

A atención á saúde e ao benestar teñen que chegar a todos os cidadáns, “por iso articularemos un circuito de actividades polas parroquias, tales como ximnasia, ximnasia de mantemento e outras, unha iniciativa que se está a facer con bastante éxito noutros concellos e Barreiros que ten unha poboación bastante envellecida non entendemos como ao longo destes anos non se programou desde o propio Concello”

Exit mobile version