Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz denuncia o despilfarro que se está a facer dende a Xunta co asfaltado de pistas da concentración

Nota de prensa

“O BNG DENUNCIA O ESCANDALOSO DESPILFARRO QUE SE ESTÁ A FACER COAS PISTAS EN ALFOZ”

Dende o Bng de Alfoz queremos denunciar despilfarro que se está a facer dende a Xunta de Galicia co asfaltado de pistas da concentración.

Hai tres meses tralas reiteradas denuncias do BNG e queixas veciñais polo estado no que se atopaban certas estradas dende facia dous anos, dende a Xunta procedeuse o asfaltado de algunha desas pistas de concentración parcelaria.

A nosa sorpresa prodúcese ahora o ver que as mesmas pistas que asfaltaron hai tres meses, co elevado gasto que iso acarrea, van a proceder de novo a asfaltalas con aglomerado en quente.

“Directamente están tirando o diñeiro dos contribuyentes, ou ben o primero ou o segundo asfaltado, é tirar os cartos”

“É lamentable que teñan dous anos os veciños con estradas de terra intransitables e ahora en tres meses tiren o diñeiro desta forma”

Dende o punto de vista técnica e trala pertinente consulta, non ten ningunha explicación, e como si poñemos baldosas na nosa casa, despois non nos gustan e poñemos unhas diferentes encima, diferencia é que esto págamelo os cidadans.

“Xa denunciamos hai tempo a conducta totalmente partidista que estaban a levar dende a Xunta e Deputación e as chapuzas as que conducía, consecuencias que padecemos todos os veciños de Alfoz.”

Dende a Xunta é Diputación actuaron somente para eximirse da culpabilidade de ter a Alfoz durante dous anos nunha precaria situación, e continúan actuando de igual forma, como o tipo de aglomerado co que asfaltou a Diputación e mellor que o que usou a Xunta, ahora realizan de novo un asfaltado por enriba do anterior para igualalo. “Iso é algo que o Bng de Alfoz xa denunciou hai dous meses, que se estaban a axfaltar estradas a cachos, que nos podíamos encontrar a mesma estrada asfaltada de tres formas distintas co conseguinte risco pa seguridade viaria”

“Dende o Bng de Alfoz apelamos o sentido común dos dirixentes do Pp e PSOE ante as obras que están a realizar no concello e a que fagan primar o intereses veciñais e non os seus propios e partidistas”

Exit mobile version