Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bloque de Xove expuxo as súas ideas de goberno en Penas Agudas, Sumoas, Vilachá e San Cristovo

Nota de prensa:
O Bloque de Xove expuxo as súas ideas de goberno en Penas Agudas, Sumoas, Vilachá e San Cristovo

Membros da candidatura do BNG de Xove percorreron esta fin de semana Sumoas, Vilachá, San Cristovo e a parroquia de Monte para concretarlles aos veciños, de primeira man, as actuacións que levarán adiante nas áreas do benestar, os servizos sociais e a igualdade.

Desde o Bloque xovense comprometéronse a poñer en marcha un transporte público para a xente moza e a xente maior, con prezos reducidos para estes colectivos e de balde para as persoas desempregadas. Tamén incidiron na creación dun Servizo de Conciliación Familiar vencellado á Escola Infantil, mediante o impulso dun servizo de canguros e de recollida e acompañamento a actividades. Asemade, os nacionalistas explicáronlles aos cidadáns que teñen a intención de crear bonos-axuda para sesións de fisioterapia (a gastar en negocios ubicados dentro do noso concello e sempre que medie prescripción facultativa inicial) para non dilatar o tratamento médico mentres se agarda pola consulta co especialista.

Marco López, candidato á alcaldía, asegurou que en Xove “hai alternativa ás políticas de desmantelamento de servizos básicos que están a levar adiante tanto o PP, desde o Concello e a Xunta, como o PSOE desde o goberno do Estado”.

Exit mobile version