Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo comenta unha suposta sentencia do TS e di que non existe

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE O CONCELLO SEMPRE FIXO O QUE DEBEU E O LLE RECOMENDARON OS TÉCNICOS MUNICIPAIS E OS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL. O ALCALDE REFÍRESE A UNHA SUPOSTA SENTENCIA DO TRIBUNAL SUPREMO POLA INADMISIÓN DUNHA TRABALLADORA E SUBLIÑA QUE “NON HAI NADA”.

Ribadeo, 12 de maio de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que o Concello sempre fixo o que debeu facer e o que lle recomendaron os técnicos municipais e da Deputación Provincial. Así se refire o rexedor a unha suposta sentencia do Tribunal Supremo que condea ao Concello pola inadmisión dunha traballadora. Fernando Suárez di que tal sentencia non existe.

O alcalde ribadense asegura que “teño a completa certeza de que faltando tan poucos días para as eleccións de aquí ao final de campaña recibirei ataques continuos por terra, mar e aire, pero tamén é a miña obriga expoñer a realidade que os técnicos municipais me indican aquí no Concello”. E explica “a respecto desta suposta sentencia que di que o Concello terá que pagar diñeiro pola inadmisión dunha traballadora que non superou unhas probas ás que non se presentou, debo retar a que quen teña esa sentencia que a exhiba”.

Fernando Suárez di que “segundo os abogados do Concello, que son os da Deputación Provincial de Lugo, e segundo os técnicos municipais o Concello sempre fixo en dereito o que procedía. O Concello convocou unha praza para resolver unha situación anormal, convocou, creóuna e cubríuna polo sistema de igualdade, capacidade, mérito e publicidade. Esta persoa que nos demandou non se chegou a presentar a esa convocatoria, a posteriori levóunos á maxistratura e perdeu en primeira instancia, o xulgado de Lugo déulle a razón sistemáticamente ao Concello, aínda que esta cidadá, porque estamos non estado de dereito, apelou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quen lle deu a razón en segunda instancia polo que nós, utilizando os recursos que da o estado de dereito, quixemos ir ao Tribunal Supremo apelando en unificación de doctrina, dado que é un asunto moi complicado xa que un xulgado da a razón e outro a quita”. O rexedor engade que “quixemos así apelar ao Supremo e o TS hai poucos días dicta unha providencia na que di que pode haber unha causa de inadmisión do recurso de casación do Concello, nós alegamos a esa posibilidade e está pendente de resolver”.

Suárez Barcia recalca que “a día de hoxe non hai nada, o Concello sempre fixo o que debeu facer e o que lle recomendaron os técnicos municipais e da Deputación Provincial. Non pode o alcalde saber nin ser adiviño de cómo vai ser esta sentencia, pero que non hai sentencia téñoo tan claro como que no momento no que estou a falar é día”.

Subestación eléctrica

Ao alcalde de Ribadeo non lle sorprende nada nestes últimos días de campaña “o enfervorizado dos ataques que eu no público e no persoal e algún dos meus compañeiros estamos a recibir. Supoño que de aquí ao día das eleccións será a tónica habitual, algo que xa non me sorprende nada”.

Suárez Barcia refírese “a esta polémica dun veciño que leva un tempo calado e que agora en plena campaña saca diversas acusacións contra o alcalde, eu teño que desmentilas todas con rotundidade. A xunta de goberno do Concello de Ribadeo que forman BNG, PSOE e PP informou favorablemente un trámite, que non é unha licenza de obra, para que a Xunta chegue a autorizar a construcción dunha subestación eléctrica. Leva retraso sí, pero por parte da Xunta porque desde que cambiou o goberno autonómico foi incapaz de proseguir o trámite tanto da subestación como da exposición pública do trazado da liña de alta tensión, sen que ningunha destas cousas fora imputable a súa demora ao Concello de Ribadeo nin ao goberno, nin a este alcalde”.

O rexedor sinala que “si hai un modificado do proxecto que impulsa a propia Consellería de Industria non é por culpa do alcalde, nin por culpa do goberno municipal, senón porque a Xunta e a empresa subministradora entenden que se debía modificar no sentido de incorporar máis superficie, en lugar de 3.500 metros serían 11.000 e pico metros cadrados. Si a Xunta ten a práctica de expoñer ao público solamente na Delegación en Lugo non é cuestión nin culpa do Concello senón da Xunta”. Fernando Suárez pensa que “é unha práctica que non é demasiado ética, porque por exemplo Costas, que depende do Ministerio, sí que ten por norma expoñer na súa Delegación Provincial e no Concello de referencia. Non obstante si calquera veciño quere vir ver o expedente e o proxecto, que aínda que non sexa impulsado polo Concello aquí obra no noso poder porque a Xunta nolo mandou, pode vir cando queira velo en horario administrativo. Aquí non queremos cortar a liberdade de información e de expresión a ninguén, outra cousa é que alguén se líe a manta á cabeza porque estamos en época electoral e intente desacreditar como fai moitas veces ao alcalde de Ribadeo. Eso vaime no cargo e téñoo que aceptar con deportividade, pero a realidade é a que é”.

Exit mobile version