Nota de prensa
A Deputación Provincial confímalle ao Concello de Foz mediante resolución da Xunta de Goberno da Corporación celebrada o 25 de Abril de 2011, a aprobación da obra RED DE PLUVIALES AVDA. DA MARIÑA, TRAMO DE UNIÓN DA RÚA XOAN MONTES COA AVDA. DE CERVANTES.
O presuposto para dita obra é de 160.000 €, e os traballos a acometer son o cambio do saneamento, a colocación de tubos para pluviais e a mellora do firme existente.
O Alcalde do Concello, José Mª García Rivera, está moi satisfeito con esta obra, pois según manifestou é a 2ª fase da mesma, debido a que xa fixemos a 1ª fase dende Xoán Montes a Porto de Foz.
Rivera manifesta que cando se anuncian obras, detrás das mesmas hai que anunciar a súa aprobación e o presuposto que teñen as mesmas, pois as promesas non valen, o que vale é a confirmación das obras aprobadas e asinadas.
Según o rexidor municipal, esta obra vamos a ter que realizala seguramente no mes de Outubro, debido a que levantar ahora a Avda. da Mariña coa chegada da tempada estival, teríamos problemas para os comerciantes do noso municipio.