Nota de prensa
O CONCELLO DE CERVO REALIZA O ENTRONQUE DO SANEAMENTO NO LUGAR DO TELLADO, EN ESPIÑEIRIDO
Estes traballos dilatáronse no tempo polos atrancos dun propietario coa conivencia da oposición, que motivaron que o Concello tivese que cambiar o trazado orixinal da rede de sumidoiros e iniciar un expediente de expropiación para poder levar adiante o entronque a estas vivendas
Atrancos coa conivencia da oposición
O alcalde cervense lembrou que orixinalmente o Concello pensara en facer a conexión do saneamento a estas vivendas a través dun camiño considerado de carácter público polo Concello “e tamén por máis do 95% dos veciños de Espiñerido”, pero a oposición do propietario dunha finca “alentado pola oposición” que consideraba que a rede de tubaxes invadían os seu terreo derivou en que a titularidade do camiño teña que decidirse nos tribunais. “Este é un asunto que aínda teremos que solucionar pola vía xudicial, pero nosoutros, desde o Concello, seguimos mantendo que o camiño é público porque o 95% dos veciños de Espiñeirido, que son os coñecedores da zona, así o din” recalcou o alcalde, quen puntualizou que mentres non chega esa resolución, o Concello tivo que buscar un trazado alternativo para solucionar o problema desas vivendas e poder así entroncar o saneamento. “Para elo, tivemos que ir a un expediente de expropiación que foi aprobado polo Consello da Xunta e as obras discorren por uns terreos de tódolos cervenses” sinalou o alcalde.