Nota de prensa:
GÓMEZ BESTEIRO VISITARÁ BURELA EN BREVE PARA SUPERVISAR AS OBRAS QUE REALIZA A DEPUTACIÓN NA ZONA DE A CASILLA-A MAROSA. ALFREDO LLANO MANTIVO HOXE UN ENCONTRO CO PRESIDENTE DA INSTITUCIÓN PROVINCIAL EN LUGO.
Burela, 31 de maio de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo esta mañá un encontro co presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, co fin de analizar diversas cuestións de interese para a vila. O titular da institución provincial viaxará nos vindeiros días a Burela “para visitar as obras que a Deputación está a realizar na zona de A Casilla-A Marosa. Trátase duns traballos moi necesarios, xa está lista a sala de bombeo de residuais e en breve acabarán de instalarse luminarias e arranxarase a beirrúa”. Está previsto que Gómez Besteiro viaxe a Burela ao longo desta semana ou da vindeira, segundo o rexedor de Burela.
Llano tamén asinou esta mañá varios convenios pendentes coa Deputación relativos a Expomar e a Produart, entre outros.