FEVE AXARDINARÁ A ZONA DA ESTACIÓN DE FEVE. ANGEL VILLALBA E ALFREDO LLANO VISITARON AS OBRAS REALIZADAS NAS ÚLTIMAS SEMANAS.
Burela, 3 de maio de 2011. Feve axardinará a zona da estación en Burela, segundo acordaron nas últimas horas o presidente, Angel Villalba, e o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “o presidente de Feve supervisou as obras realizadas na estación e no seu entorno e comprometéuse a axardinar toda aquela zona, unha nova que valoramos de xeito moi positivo. Ademáis imos colocar unha barandilla para facilitar o acceso polas novas escaleiras que comunican a rúa Nosa Señora do Carme coa estación”.
Angel Villalba aproveitaba a súa visita á vila para asinar un convenio de colaboración co CD Burela FS.