Nota de prensa
ALFONSO FUENTE CONSIDERA QUE ANTONIO VEIGA TEN QUE PEDIR DISCULPAS AOS VECIÑOS DE SAN MIGUEL DE REINANTE POLAS PROMESAS INCUMPRIDAS PARA LEVAR ADIANTE A REPARACIÓN DAS ANTIGAS ESCOLAS.
Barreiros, 20 de maio de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, considera que o portavoz do BNG, Antonio Veiga, ten que pedir disculpas e perdón aos veciños de San Miguel de Reinante polas promesas incumpridas para levar adiante a reparación das antigas escolas.
Fuente Parga cre que “Antonio Veiga ten que pedir disculpas e perdón aos veciños de San Miguel de Reinante. Hai catro anos, cando se presentaba tamén ás eleccións municipais, lles ofrecía firmar un convenio para reparar as antigas escolas e agora durante estes últimos meses voltou a repetir esa oferta. E é verdade que nunha xuntanza cos veciños e na que eu estaba presente voltou a ofertar a posibilidade de asinar ese convenio e incluso chegou a falar primeiro de 100.000 euros e despois de 200.000. E a realidade é que remata a lexislatura e nada de nada, remata a lexislatura na que estivo de responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación e promesas tras promesas aos veciños de San Miguel e ao final resulta que nada de nada”.
O rexedor pensa que “os veciños de San Miguel merecen unha disculpa pública deste señor por telos engañado en dúas ocasións. Desde o Concello fixéronse todas as xestións para que este convenio puidese ser unha realidade, o Concello por entrega da asociación Hijos de San Miguel y Reinante asumiu a recepción deste edificio para poder ter unha titularidade e coa celeridade que esto requería se levou a pleno e ao día seguinte se enviou toda a documentación á Deputación de Lugo para que estes veciños disfrutasen desta subvención para arranxar as antigas escolas de San Miguel e ao final rematamos a lexislatura e nada de nada”.