Nota de prensa
NNXX de Burela demanda un consello municipal da xuventude.
Cren que a Casa da Xuventude debe organizar e potenciar actividades para os xoves.
Burela, 12 de maio de 2011.- Novas Xeneracións de Burela manifestou hoxe a súa coincidencia co PP local á hora de solicitar a creación dun Consello Municipal da Xuventude, porque consideran que na actualidade non hai ningún xeito de canalización da opinión da xuventude sobre os asuntos que lles son propios e que máis lles afectan, como o desemprego, as axudas para vivenda ou mesmamente a organización de actividades propias da xuventude. O PP inclúe no seu programa a creación do Consello Municipal da Xuventude.
Para NNXX de Burela, o Consello Municipal da Xuventude tén que crearse “xa”, e lembran que o Grupo Municipal do PP presentou unha moción no concello ó respecto, moción que foi rexeitada polo bipartito local sen ningún tipo de argumentación.
Ademais, NNXX consideran que nestes catro últimos anos non houbo ningún tipo de actividade organizada polo concello de cara á xuventude, agás as actividades de verán. De feito, as noites alternativas do fin de semana desapareceron, e a Casa da Xuventude está desaproveitada.
Por eso entenden que o programa de goberno do PP é coherente, xa que plantexa a potenciación da Casa da Xuventude como elemento dinamizador da vida xuvenil de Burela, así como o apoio ás actividades que se organicen desde as asociacións xuvenís.