Site icon Crónica3.com A Mariña

Mini e Mero participarán nunha actividade de música e literatura no I.E.S. Perdouro de Burela

Nota de prensa

MINI E MERO:MÚSICA E LITERATURA GALEGAS

NO I.E.S. PERDOURO DE BURELA

O luns 9 de maio os cantautores galegos Mini e Mero estarán no I.E.S. Perdouro de Burela. Ás 12:30 terán un encontro na biblioteca do centro co alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato e ás 16:30 con 1º de E.S.O.

Xosé Luís Rivas Cruz e Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, dous dos fundadores e integrantes de Fuxan os ventos e actualmente compoñentes de A Quenlla, guiarán ao alumnado do I.E.S. Perdouro nun percorrido pola música tradicional e de autor galega. Coas súas voces achegarannos a Neira Vilas, a Xosé Díaz Castro, a Marica Campo, a Celso Emilio Ferreiro, a Manuel María,… Música e literatura galegas serán inseparables nesta actividade organizada pola Área de Innovación Educativa e pola Asociación Cultural “Os Matos” do I.E.S Perdouro

Exit mobile version