Nota de prensa
Nota de prensa de ADEGA e MariñaPatrimonio en relación coa denuncia presentada pola agresión ao xacemento arqueolóxico do castro de Sumoas (Xove).
As asociacións ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos perante o SEPRONA e o Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza a agresión que está a sufrir o castro inventariado de Sumoas no concello de Xove (Lugo).
Membros destas asociacións comprobamos que unha morea de camións de terra foron depositados sobre este xacemento. Entendemos que este recheo é ilegal e constitúe unha grave agresión ao Patrimonio arqueolóxico de Galiza, polo que pedimos a inmediata paralización deste entullo e se concreten as responsabilidades penais, civís e administratrivas que esta agresión conleve, así como a retirada do material que conforma o recheo.
Mariñapatrimonio e ADEGA lamentamos que os poderes públicos, o Concello de Xove e maila Xunta, que por lei teñen a obriga de protexer o Patrimonio sexan incapaces de detectar unha agresión destas dimensións nun xacemento perfectamente coñecido e inventariado.