A Concellería de Servizos Sociais organizou unha viaxe para as persoas maiores de 60 anos e xubiladas do Concello de Xove con destino á Costa do Sol cunha duración de 8 días. O pasado martes, 26 de abril, 78 persoas do noso concello partiron con destino a Torremolinos, acompañadas por tres técnicas municipais. Durante a viaxe fixeron escala en Cáceres. Instalados en Torremolinos, puideron realizar varias excursións a Málaga, Ronda, Marbella, Puerto Banús e Granada. As persoas, que participan nesta viaxe, regresarán mañá martes, día 3 de maio, despois de facer noite en Salamanca e visita á cidade.
Maiores de 60 anos e xubiladas do Concello de Xove de viaxe na Costa do Sol