Recursos 1/2
XUNTA DE GALICIA
Conselleria de Cultura e Turismo
Secretaría Xeral para o Turismo
Praza Mazarelos, 15
15703 – SANTIAGO DE COMPOSTELA.-
Recibida a súa comunicación, da Comisión de Valoración de Festas de Galicia, e referente a solicitude feita por este Concello de declarar Festa de Interese Turístico a Festa do Carme, presentamos alegacións a tal acordo, pois como din Vds. que o evento non ten capacidade de atracción de visistantes fora da Comarca, e o seu interese limítase a un ámbito xeográfico reducido, ademáis de carecer de singularidade por existir múltiples festas coa mesma conmemoración, temos que manifestar o seguinte:
Que non estamos de acordo coa conclusión que Vds. realizan, debido a que sí esta festa ten interese a ámbitos comarcais, provinciais, autonómicos e estatais, e incluso internacionais, por tratarse dunha celebración íntimamente ligada ao mundo mariñeiro, con miles de visitantes que se reúnen en torno ás rúas e prazas do barrio mariñeiro do Concello de Foz, a maiores destaca esta celebración pola cantidade de medios de comunicación e reportaxes audiviosuais que se emiten en cadenas de prestixio no mundo da televisión e da radio, sendo un clamor por parte dos veciños e veciñas do noso Concello que sexa declarada dunha vez por todos como festa de Galicia e de interese turístico.
Por todo o exposto, solicitamos que se revise a negación, e se aprobe declarar esta festa de interese turístico.
Foz, a 4 de Maio de 2011.
Recursos 2/2
XUNTA DE GALICIA
Conselleria de Cultura e Turismo
Secretaría Xeral para o Turismo
Praza Mazarelos, 15
15703 – SANTIAGO DE COMPOSTELA.-
Recibida a súa comunicación, da Comisión de Valoración de Festas de Galicia, e referente a solicitude feita por este Concello de declarar Festa de Interese Turístico a Festa do Bispo Santo, presentamos alegacións a tal acordo, pois como din Vds. que o evento non ten capacidade de atracción de visistantes fora da Comarca, e o seu interese limítase a un ámbito xeográfico reducido, temos que manifestar o seguinte:
Que non estamos de acordo coa conclusión que Vds. realizan, debido a que sí esta festa ten interese a ámbitos comarcais, provinciais, autonómicos e estatais, e incluso internacionais, por tratarse dunha romaxe popular donde se degusta toda clase de productos da nosa terra e donde a maiores se da un amplo reportaxe desta festa en ámbitos internacionais.
Por todo o exposto, solicitamos que se revise a negación, e se aprobe declarar esta festa de interese turístico.
Foz, a 4 de Maio de 2011.