Na excursión fíxose unha visita ó interior da provincia de Lugo.Visitouse Sober, paseo polo Sil en catamarán da Deputación, Monforte de Lemos con visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia e regreso a Ribadeo. Dende a directiva da APA, están a organizar unha festa de despedida de curso para os seus asociados. Dita festa será o sábado 25 de xuño na área recreativa de Santa Cruz e será unha xornada de convivencia entre pais e fillos, xogos tradicionais, comida campestre, todo acompañado por animadores profesionais.
Excursión anual da APA do Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo
Excursión anual da APA do Sagrado Corazón de Xesús de Ribadeo
Relacionado
-
Alfonso Villares en Vista Alegre
-
Este venres estreouse o documental “Historia de la navegación a vela en la ría del Eo”, unha iniciativa do club de Vela de Castropol, realizado por Manuel Vázquez González e producido por Elfarero Audiovisuais
-
O Concello de Ribadeo informa que “a previsión meteorolóxica fai que se suspenda o percorrido da Cabalgata dos Reis Magos”