Alumnos do colexio público Juan Rey de Lourenzá visitaron o Parlamento de Galicia. Os escolares tiveron a oportunidade de presenciar parte do debate que nese momento tiña lugar no Pleno da Cámara, coñeceron moitas das estancias nas que se desenvolve a actividade lexislativa do Pazo do Hórreo e foron saudados polo Presidente da Xunta. Pola tarde fixeron visita guiada á Cidade da Cultura.
Escolares de Lourenzá visitaron o Parlamento Galego