Nota de prensa
PsdeG PSOE DE FOZ
A agrupación socialista de Foz vimos de celebrar o 1ª de Maio, nesta ocasión celebramos o 25 aniversario e contamos entre nos co Secretario Xeral do PsdeG PSOE de Galicia o compañeiro Patxi Vazquez, o Secretario Provincial Ricardo Varela, o Presidente da Diputación Provincial de Lugo Jose Ramon Gomez Besteiro, Sonia Verdes, Lucho, Ismael Rego e distintos alcaldes da Provincia, eramos preto de 350 persoas.
En primeiro lugar interveu Jose Ramón Gomez Besteiro o cal se refireu á posta en funcionamento dos parques de bombeiros da provincia de Lugo que foi precisamente o dia 1 cando empezaron a funcionar, e como non tamen falou do emprego, tanto a Deputación Provincial como o Concello de Foz foron os unicos capaces de gestionar recursos para reducir o número de parados do noso Concello. Despois interveu Patxi Vazquez decindo que o Sr Feijo o único que fixo dende que chegou á Xunta de Galicia foi destruir emprego e botarlle as culpas a Zapatero cando o PP ten todas as competencias en materia de traballo, alabou o traballo de Pepe Rivera nestes 16 anos de Alcalde sentindose mui orgulloso de ter no partido xente coma a Jose Ramon Gomez Besteiro e a Pepe Rivera e cerrou o turno de intervencións o noso Alcalde e novamente candidato decindo que foi o primeiro en poñerse a traballar en materia de emprego, sacando un plan de emprego local para 30 persoas no ano 2010, e a continuación a Diputación Provincial sacou un plan de emprego para o 2011, e sin embargo a Xunta de Galicia non fixo absolutamente nada de nada, tamen o noso candidato dixo que a sua forza son os veciños e veciñas do noso Concello e que a candidatura que el encabeza, vai dar o cen por cen para traballar por e para os veciños.
Dende a Agrupación local dar as gracias a todas as persoas que nos acompañaron durante o domingo pasado no Obispo Santo.