Site icon Crónica3.com A Mariña

De Barreiros a Wembley, tres socios da Peña Barcelonista San Miguel asistirán a final da Champions

Nota de prensa

A Peña Barcelonista San Miguel estará representada en Wembley na final de Champions o próximo día 28 de maio.
Tras recibir un gran número de peticións por parte dos seus socios e outros afeccionados da zona, a peña barcelonista San Miguel fixo o seu propio reparto de entradas.
A peña recibiu tres entradas por parte do FC Barcelona e fixo un reparto por sorteo entre os socios que a solicitaran, quedando excluidos deste sorteo as peticións que non se correspondían a socios. Os afortunados que podemos ver na foto, de esquerda a dereita son, Moncho, Siño e Miguel Peña. Os tres viaxaran a Londres coa intención de aportar o seu gran de area para que o Barça tente conseguir a sua cuarta Chapions.
Esta será a terceira final de Champions en que a peña esté representada. Tamén tivo presenza nas duas últimas finais de Copa do Rei.
A parte deste dato, comentar que o resto de peñista verán o partido da final por televisión no restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia. Dende as 20.00 horas poderase disfrutar do mellor ambiente barcelonista, estando aberto a socios e simpatizantes de toda a zona que queiran participar na festa blaugrana.
Xa rematada a temporada futbolística, a peña continuará coas suas actividades. O 12 de xuño desprazarase a Vilalba para asistir á Xuntanza de Peñas Barcelonistas de Galiza. Calquer afeccionado que desexe acudir en compañía da peña, pode contactar no teléfono 625 821 044 para recibir máis información. O prazo para apuntarse remata o 3 xuño.
Segunido coas actividades, a cea de final de temporada está prevista para o día 25 xuño.
Finalmente e para rematar a sua particular temporada, a peña está a organizar un torneo de fútbol 7, que se celebrará os días 2 e 3 de xullo no campo de fútbol de San Miguel de Reinante.
Para recibir información de calquera destas actividades ou para saber algo máis do funcionamento da peña, pódense dirixir ó teléfono anteriormente citado.

Exit mobile version