Unha tala de eucaliptos ocasionará mañá un importante corte de tráfico no acceso a Burela pola antiga estrada nacional 642, entre as 7 e as 12 da mañá. Segundo ven de explicar o alcalde, Alfredo Llano, “o corte producirase desde o Perdouro ata o límite do noso concello, preto da Seat”.