Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida homenaxe a Vicente Duran Rey

Os amigos e compañeiros fixeron unha comida para agasallar co merecido homenaxe a Vicente “Durán” Rei con motivo da súa xubilación. A xornada discorreu nun ambiente moi emotivo, recordáronse as numerosas anécdotas vividas durante os 33 anos que Durán traballou en San Cibrao e o gran compañeirismo do que fixo gala sempre o homenaxeado, primeiro no servizo de Obra Civil e os últimos en mantemento mecánico de Precipitación. Na sobremesas fíxoselle entrega a Durán dalgúns agasallos que agradeceu emocionado, con palabras de afecto para todos os presentes.

Exit mobile version