Nota de prensa
COMEZARON OS TRABALLOS DE PINTADO DAS PRAZAS DE APARCAMENTO NA TRAVESÍA DE RIBADEO CO FIN DE OPTIMIZAR OS OCOS LIBRES, SEGUNDO EXPLICOU O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 2 de maio de 2011. Comezaron os traballos de pintado das prazas de aparcamento na travesía de Ribadeo, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde.
Fernando Suárez contou que “estamos iniciando na travesía de Ribadeo unha serie de traballos coordinados coa brigada municipal de Obras. Trátase do pintado dos aparcamentos a ambas marxes deste vial, de tal maneira que desde a Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez e Avenida de Galicia imos facer unha serie de pinturas indicativas dos espazos que hai para poder aparcar. Imos suxerir aos conductores os sitios dispoñibles para un mellor aproveitamento optimizado dos ocos libres entre árbores. É unha idea que vexo que en moitas cidades está funcionando desde hai algún tempo e nós todo o bó queremos importalo para Ribadeo”.
O rexedor tamén se referiu ao discurrir das obras da travesía e calcula que poidan estar rematadas a mediados ou finais de xuño, “no que ten que ver coa parte máis urbana, Avenida de Asturias e un treito que queda na Avenida de Galicia e a partires desa data terémonos que centrar nos sitios restantes que quedan na zona de Vilar, O Xardín e Vilavella. Neste último caso dicir que hai pouco mantiven un encontro cos veciños para aclarar algúns extremos e incluso estamos a facer actuacións coordinadas, porque mesmo esta tarde está previsto que se aglomere un camiño que une o paseo da Vilavella co estrada xeral. Todo isto facémolo de xeito coordinado, porque son varias as administracións que están traballando sobre o mesmo territorio. Estivemos facendo ruido e molestando bastante, pero creo que agora empézase a ver toda a magnitude e toda a potencia desta maravillosa obra que nos vai quedar para todos os ribadenses”.
Suárez Barcia recalcou “todo este diñeiro invertido en modernizar unha travesía que quedará absolutamente remozada, cunhas aceras que da gloria velas e cuns árbores que xa están a florecer moitos deles, só levamos a metade postos e quedan moitos máis por prantar para humanizar e facer máis atractiva esta parte urbana de Ribadeo”.