Nota de prensa
MAÑÁ DA COMEZO EN FOZ O MES DO PINCHO ELECTORAL. A NOVA CITA GASTRONÓMICA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DESENVOLVERÁSE DURANTE AS FINS DE SEMANA ATA O 28 DE MAIO.
Foz, 5 de maio de 2011. Mañá da comezo en Foz o mes do pincho electoral. Así se denomina a nova cita gastronómica que organiza ACIA e que se desenvolverá na vila as fins de semana do 6 ao 28 de maio e que foi presentada hai uns días no Concello.
O presidente da Asociación de Comerciantes, José Carlos Paleo explicou que “maio é un mes principalmente electoral, as propostas de todos os candidatos vánse ver, os bares son puntos de encontro de todos eles e decidimos aproveitar todo o que ocorrerá ao longo das vindeiras fins de semana para plasmalo nunhas xornadas gastrómicas”. O presidente de ACIA Foz subliñou que “o fixemos a modo de volta ciclista, cada fin de semana a adicamos a unha etapa e agardamos que a iniciativa saia ben”. Paleo considera que “tentamos demostrar que se pode traballar día a día con humor e con seriedade, facendo cousas conxuntas ofertando por parte de ACIA a colaboración coa Corporación Municipal e ao mesmo tempo a Corporación tamén con este acto amosa que desexa axudar a mellorar ao noso pobo”.
Os días 6 e 7 de maio, na denominada etapa prólogo, os 27 establecementos participantes ofrecerán aos seus clientes montaditos; o 13 e o 14 de maio será o momento para degustar o pincho da montaña e vánse servir tapas elaboradas con morcilla, chistorra e chourizo; a meta votante será os días 20 e 21 de maio, eses días os locais que participan nesta cita ofrecerán tapas elaboradas con arroces e pastas e xa o sprint final será o 27 e o 28 de maio, xornadas nas que se poderán saborear pinchos combinados.
Paleo convida á xente a disfrutar desta nova proposta gastronómica.