Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove acolleu o XVIII Torneo de ximnasia rítmica

NOTA DE PRENSA.-

XVIIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASI RÍTMICA

“EXCELENTE ACTUACIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE XOVE”

O pasado sábado 21 de maio tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XVIIIº TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de ritmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Cultura e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, deu comezo ás 17:30 horas coa presencia de 8 equipos, as Escolas Municipais de: Xove, Lugo, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rey e Guitiriz, eo os Clubs Senra de Lugo e Porta Norte de Burela, cunhas 170 ximnastas de prebenxamín a xuvenil.

O Torneo, comezou ás 17:30 horas co Desfile Inaugural, dando paso a continuación á exhibición “PROGRESIÓNS XIMNÁSTICA” a cargo das alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove.

Rematada a exhibición, comezou acompetición propiamente dita.

-En benxamín o equipo da Escola Municipal de Xove se proclamou campión desta categoría.

– En conxuntos alevín, unha das categorías máis disputadas e con máis equipos en liza, a E.M. de Xove conseguiu unha meritoria 3ª posición.

-En individuais infantil, a xovense Pilar Vázquez quedou campiona, seguido de Marta Fernández do Club Rábade.

-En categoría cadete, na modalidade individual e con mazas, Noela Bouza conseguiu a 2ª posición; xa en conxuntos, con mazas e aros, a E. M. de Xove quedou 3ª dun total de 6 equipos participantes.

-Para rematar, en conxuntos categoría senior, e con pelota e corda, a E.M. de Xove conseguiu a 2ª posición.

Rematou o Torneo coa entrega de trofeos aos gañadores, acto presidio polo Alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado polo Concelleiro de Deportes José Manuel Balseiro, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e o Concelleiro de Obras José Manuel González.

Pola súa banda, o Concello de Xove regaloulles a tódalas participantes unha bonita gorra de recordo do Torneo.

Exit mobile version