Un vello amigo, bo coñecedor dese submundo, di que os partidos políticos son caldo de cultivo dos episodios mais virulentos do desencontro entre as persoas, onde se escenifica o amor/desamor cos efectos mais funestos. A rotura da parella política, cando ambos membros albergan idénticos obxetivos, e só hai praza para un, pode ter un final dramático. Son as resultas da paixón amorosa, que os dous senten pola noiva pretendida, que tanto aman, e pola que están dispostos a todo sacrificio, pero non renuncian a durmir con ela tódalas noites. Divorcio ineludible En Foz estamos a vivir, no eido público, unha experiencia que entronca co anterior plantexamento, e que nos leva a considerar o posible paralelismo con episodios doutros amores, históricos ou ficticios, cos que atopar certas similitudes, non é doado. Porque, mais ou menos tormentosos, e algúns tráxicos, teñen pouco que ver cos de Romeo e Julieta; os Amantes de Teruel ou o Tenorio e dona Inés, moito mais románticos; ou do rei Pedro de Portugal que, despois de morta, coroou raíña á galega Inés de Castro. Claro que os pretendentes focegos desexan á súa amada, morta de quince días… É frecuente que os amores apaixoados, e os amoríos, rematen de forma traumática; non estamos pois ante un feito novidoso. Hai algo semellante no mundo da ficción, en Cyrano de Bergerac, pois él e Cristian, un soldado da súa compañía, amaban á mesma muller: Roxana. Iste, mais xove, goapo, pero sen intelixencia nen enxeño, morreo primeiro, guerreando. Cando Cyrano finou, poeta, feo e mais vello, Roxana decatouse de que era él quen escribía as cartas románticas que Cristian lle enviaba, quen compuña as poesías para ela, e quen, en realidade, a namoraba. Diuse conta que amaba, nunha soa, a dúas persoas. Á morte do poeta, exclamou: “Amei a un home e o perdo por segunda vez”. Non hai dúbida de que, o da ex-parella (política) de Foz, nada ten que ver co amor bucólico, puro e nobre de Rosa e Martiño en “A Virxe do Cristal”, de Curros Enriquez. Cando Martiño, sen motivo, dubidou da fidelidade de Rosa, ésta ingresou, de por vida, nun convento…. .
Amores apaixonados