Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PP de Burela que a dársena pode acoller un porto deportivo

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR

O PP afirma que a reordenación da dársena interior do porto burelés pode acoller un porto deportivo.

Barcia reúnese con xente do mar na Moncloa e di que reforzará a colaboración Confraría-ABSA-Concello para definir actuacións futuras no porto.
Millorar as infraestructuras, acabar o acceso ó porto e desenvolver a zona empresarial do Berbés, serán eixes do traballo dos populares.

Burela, 5 de maio de 2011.- O candidato do PP burelés á alcaldía, José María González Barcia, reuniuse onte durante máis dunha hora con xente do mar na Moncloa, para explicarlles as grandes liñas de actuación na materia. Barcia estivo acompañado polos tamén candidatos Patricia López Eijo e Manuel Fernández Valle.

O candidato dos populares afirmou que hai dúas cuestións sobre as que traballar, a reordenación da dársena interior do porto, e o incremento da seguridade. Sobre a primeira, manifestou que o estudio está practicamente rematado, e a través de unha recolocación dos pantaláns pemitirá gañar máis puntos de atraque. Sobre a segunda, o incremento da seguridade pasa pola prolongación do martelo que separa a zona de pesca da comercial ou a prolongación do dique de abrigo. Polo tanto, millorar as infraestructuras portuarias será un dos eixes fundamentais do traballo dos populares se gobernan Burela.

Barcia, que indicou que sen traballo e sen moverse as cousas non veñen solas, lembrou que o estudio de viabilidade do porto deportivo foi feito pola Xunta de Fraga en abril de 2005, e co propio Barcia de alcalde, cunha inversión superior ós sete millóns de euros; en cambio, o programa elaborado pola Xunta bipartita en materia de portos deportivos plantexaba sólo o aproveitamento da lámina de auga e para 2020. Por eso, indicou, reorganizando a dársena interior se pode conformar un porto deportivo, que cremos que se debe facer, pero tendo sempre en conta que o porto de Burela tén unha vocación claramente pesqueira, primeiro, e comercial despois.

O candidato popular tamén fixo mención ó acceso ó porto, obra que “tiña consignación nos presupostos do último goberno Fraga en 2005, que a Xunta bipartita retrasou hasta 2007, e que a propia Xunta bipartita paralizou e non foi capaz a reiniciar. Agora, dixo, está a exposición pública o novo proxecto, e cando se resolvan as alegacións hai que seguir cos trámites porque a obra é fundamental para Burela e así o dixo o propio consellerio de Medio Ambiente. O PP falará coa Xunta, tamén do PP, para axilizar a obra”.

Xunto a esta actuación, Barcia considera imprescindible poñer en valor os corenta mil metros cadrados de solo empresarial que hai no Berbés, para atraer empresas e crear emprego, aspecto sobre o que xira todo o programa electoal do PP burelés.

González Barcia, que recordou que o plan director do porto burelés foi redactado a finais de 2004 e principios de 2005 entre a Confraría, ABSA, Xunta e Concello, para definir o que se quería facer no porto, indicou que hai que recuperar ese vínculo de relación fluida entre o sector e o concello, algo que agora non se da polo

.

Exit mobile version