Site icon Crónica3.com A Mariña

Adega lanzou unha nova edición de Cerna na que atende ás temáticas ambientais

ADEGA lanzou unha nova edición de CERNA na que atende ás temáticas ambientais

Nota de prensa

CIENCIA E CONCIENCIA NO NÚMERO 64 DE CERNA

ADEGA publica o número 64 da revista CERNA correspondente á edición de primavera. Pódese descargar a súa versión dixital completa en www.adega.info.

Compostela, 19 de maio de 2011. ADEGA lanza unha nova edición de CERNA na que atende ás temáticas ambientais máis destacadas dos últimos tres meses e a investigacións de diversa índole que se están a levar a cabo na actualidade por científicos galegos con interesantes resultados. Do mesmo xeito que a edición anterior, o número 64 de CERNA dedica un notorio apartado á cuestión da ordenación do territorio galego coa crónica da presentación da campaña de ADEGA “Ponte no medio. Móvete polo territorio” a prol dunha política territorial sustentábel, entre outros artigos.

Doutra banda, o investigador Urbano Fra Paleo trata sobre os riscos naturais e da súa xestión con políticas proactivas, o educador Pablo Llobera Senra representa a través da palabra diferentes formas de sentir as paisaxes e a “Fundación Ciudad de la Energía” amosa como recuperar a paisaxe degradada pola actividade extractiva na comarca do Bierzo.

No eido da diversidade natural, ao que fai referenza a capa da presente publicación, o investigador e oceanógrafo do CSIC, Xosé Antonio Padín Álvarez, explica por que as rías galegas son únicas no mundo e a que se debe a súa produtividade e anuncia cambios nas súas dinámicas, precisamente debidos á mudanza climática. Da biodiversidade de interior ocúpase a investigadora Isabel Barja, que resume en dúas páxinas os resultados do seu estudo sobre a alimentación e selección de presas polo lobo ibérico no Macizo Central de Ourense.

Ademais das seccións fixas de flora e fauna de Galiza, de micoloxía e de forestal e dun completo artigo sobre contaminación acústica, esta edición de Cerna inclúe artigos de organizacións e entidades decarácter forestal, ambiental e educativo. A delegación galega de FSC-España amosa cales son os obxectivos na promoción do selo forestal en Galiza, a asociación ANDREA retrata os beneficios das terapias asistidas con animais, con ADEGA “mollámonos” polos humidais e coñecemos o Centro de Educación Ambiental de Allariz “O Rexo”.

Por último, CERNA 64 inclúe unha entrevista á copresidenta do Partido Verde Europeo, Monica Frassoni, e un artigo no que Ramón Varela fai un repaso histórico das marchas e mobilizacións contra a enerxía nuclear vividas en Galiza.

Exit mobile version