Nota de prensa:
A XESTIÓN DEPORTIVA A DEBATE NAS XORNADAS FORMATIVAS LARANXAS
O novo xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida, profundou no recantos da xestión deportiva nos clubs de alto rendemento na sesión que acolleron onte as III Xornadas Formativas Burela FS.
O que durante un quinquenio estivo á fronte deste labor no Azkar Lugo FS e na Fundación Azkar abordou as funcións xestoras dunha entidade nos ámbitos público e privado e o seu marco lexislativo, ademais de dar algunhas pinceladas sobre o márketing deportivo.
A vindeira semana, o seleccionador nacional de Libia, Pablo Prieto, falará da súa experiencia persoal e deportiva no país africano.
Localización: IES Monte Castelo
Hora: 17.30 horas
Mércores 1 de xuño
“Futsal en Libia, experiencias”
Relator: Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia
Xoves 9 de xuño
“A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”
Relator: Fiz Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB