Site icon Crónica3.com A Mariña

A semana da reciclaxe rematou en Burela cunha charla sobre residuos sólidos urbanos

Nota de prensa

REMATOU CON ÉXITO A SEMANA DA RECICLAXE QUE SE VEU DESENVOLVENDO AO LONGO DESTES DÍAS NOS CENTROS DE ENSINO DE BURELA. ONTE HOUBO UNHA CHARLA SOBRE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS PARA OS ADULTOS.

Burela, 20 de maio de 2011. A semana adicada a reciclaxe rematou onte en Burela coa charla Residuos Sólidos Urbanos que foi impartida por Begoña Romo Conde, monitora do centro de educación medioambiental Gaia, pertencente a Delegación de Medio Ambiente que dirixe a edil Lucia Bouza.

Os asistentes aprenderon cómo se xestionan os residuos en Burela, cómo se debe facer unha correcta recollida selectiva, qué e o punto limpo e cómo funciona. As monitoras repartiron as bolsas para facilitar a recollida selectiva nos fogares dos asistentes á charla (3 bolsas, unha azul, outra amarela e outra verde). Desde Gaia explican que “a través desta iniciativa intentase fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente a través da sensibilización achegando a toda a poboación a realidade ambiental no noso entorno”.

As monitoras de Gaia ao longo de toda a semana desprazáronse aos dous centros de ensino para levar a cabo actividades de reciclaxe cos mais pequenos e conciencialos da importancia de reciclar, reutilizar e reducir.

Exit mobile version