Foi con motivo da celebración este mes das Letras Galegas en colaboración cos colexios barreirenses. Os rapaces visitaron a exposición “Lois Pereiro-Camiño do futuro libremente”, o Museo da Ribeira Sacra-Centro do Viño, a Torre da Homenaxe e tamén o casco antigo da cidade do Cabe e a rede de xuderías. Todos desfrutaron moito desta actividade.
A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros organizou unha viaxe cultural a Monforte