Nota de prensa
Dende a Concellería de Xuventude queremos informar dunha actividade que se realizou na mañá de onte nas dependencias da Casa da Xuventude do Concello.
Trátase dunha exposición itinerante, complementada cunha charla que nos achegou a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, enmarcada na campaña denominada “Mar achega”, que trata de difundir o traballo que as seis confrarías de pesca da Mariña Lucense levan facendo dende hai moitos anos: artes de pesca, especies máis características da nosa pesca, tradicións e oficios e, por suposto, a cultura mariñeira.
Á mencionada actividade foron convidados a participar os escolares dos últimos ciclos de Educación Primaria do C.E.I.P. local, “Juan Rey”, que se achegaron, xunto cos seus titores, a coñecer o mundo do mar, que nos queda tan preto físicamente, pero á vez, segue a ser un gran descoñecido (funcionamento de confrarías, actividade nos portos, vida dos mariñeiros…) para a xente dos Concellos de interior, que non teñen costa.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo: