Nota de prensa
A concelleira de Deportes do Concello de Foz, Rosa Alonso, recibiu hoxe venres, 27 de maio, na Casa da Xuventude ao equipo infantil do C.D. Foz que se proclamaron campións da liga Segunda Autonómica e que están a xogar os partidos
de ascenso. A concelleira quixo recibir aos nenos para agasallalos cun pequeno trofeo e unhas golosinas, para que recorden o seu éxito.
Mañá sábado, xogarán polo ascenso co Xuventude Oroso.