Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pon en marcha unha ferramenta de información para o emprego e apoia a sinalización da Mariña

NOTA DE PRENSA DE UNIFOZ.

O pasado 18 de marzo publicábase nos xornais da Mariña que a Xunta de Galicia investiría 240.000 € en sinalización turística de puntos de interese desta comarca.

UNIFOZ considera acertada e de urxente necesidade a execución do mencionado proxecto, para a posta en valor turístico das nosas referencias paisaxísticas, de patrimonio e etnográficas.

Para conseguir os obxectivos marcados, UNIFOZ considera indespensable:

-Que o proxecto se elabore como un proxecto de comarca e como un potencial turístico no seu conxunto; así, pois, terá que escapar de localismos e de colores politicas das diferentes localidades.

-Que as actuacións se decidan nunha mesa onde estean representadas todas as localidades da Mariña; é dicir, que sexan escoitados os alcaldes.

-Por último e non menos importante, que a sinalización empece na A6. Sería moi acertado que, nesa vía que nos une ao resto de España, houbese paneis que nos sinalizasen como A MARIÑA, xa que nestes intres só se informa da dirección Oviedo.

UNIFOZ POLO EMPREGO.

Tamén quero informarte que UNIFOZ pon e marcha unha ferramenta de información para o emprego mediante a súa páxina WEB,( www.unionindependentedefoz.es) para tentar así de axudar a superar o principal problema que teñen o cidadáns como é o desemprego.

UNIFOZ considera que a administración ten que facer de amortiguador desta grave situación fomentando o emprego temporal nas familias necesitadas con criterios sociais claros que priorizando ás familias onde todos os seus membros teñan parados, e coa posta en marche de listas de contratación municipal, ordeadas con criterios de necesidade en caso de postos de traballo sen cualificar, do mesmo xeito as administracións teñen que favorecer a instalación de empresas e axuda a emprendedores para a creación de emprego para tentar de sair deste difícil situación que nos toca compartir.

UNIFOZ quere comprometerse cos cidadáns a elaboración dun PLAN DE EMPREGO serío , e que resposte a realiade da nosa sociedade, e onde teñan en conta criterios como: paro xuvenil, formación, mellor servizo os cidadáns, discapacitados,mulleres…criterios sociais)

UNIFOZ espera que esta ferramenta WEB poda sumar co obxectivo de fomentar a información relacionada co emprego , así mesmo tamén ofrece a posibilidade de remitir información de ofertas de emprego personailizadas ó correo electrónico ás persoas que así o desexen, so terán que facilitarnos a súa dirección electrónica no apartado de CONTACTO da nosa páxina.

Exit mobile version