Nota de prensa
UNIFOZ, coincidido có 1º de maio, quere manifestar o seu apoio os /as traballadores/as en favor dos seus dereitos , pero quereo facer dunha forma moi especial neses homes e mulleres que hoxe non teñen traballo, ese preto de cinco millos de persoas que realmente o están pasando mal, e dunha forma máis particular para esa xuventude a mellor formada da historia deste pais e con poucas posibilidades de insercción laboral.
UNIFOZ , quere chamar a responsabilidade non sentido de traballar para o diálogo e consenso político para encontrar solucións para o principal problema que teñen os cidadáns nestes momentos como é o desemprego.
Imaxes como a do outro día no Senado, con liortas particulares entre a clase política, non fan máis que poñer dudas de cal é a función do Senado e das súas señorías, e o único que se consigue e degradar máis a clase política do que xa o está.
UNIFOZ, quere trasmitir ilusión e ganas de traballar para sair desta situación, e dentro do seu programa de goberno quere comprometeres cos veciños de Foz nos seguintes termos:
A Administración ten que axudar a amortiguar a situación de desemprego dos noso veciños, para iso é necesario a creación de 200 postos de traballo /4 anos, para facer traballos e proxectos que melloren a calidade de vida dos cidadáns., con bases de selección claras, transparentes, públicas e que respondan ao perfil da praza.
Reserva de prazas para xóvenes
Reserva do 10% das prazas para persoas con discapacidade .
Posta en marcha do Plan de Emprego Xuvenil aprobado pola Corporación Municipal
Plan de formación e emprego para mellorar servizos municipais, con transparencia na súa convocatoria (Bando, Radio, Prensa, SMS…)
Lista de contratación municipal, onde se recolla a situación socio familiar, e onde se facilite a rotación de contratación das persoas inscritas.
Potenciar o funcionamento da Bolsa de Emprego Municipal
Priorizaremos a creación de emprego estable en cantas axudas e subvencións conceda o Concello. O emprego público publicitarase mediante mailing, sms a todos os demandantes da bolsa de emprego así como ao resto na páxina web, taboleiro de anuncios, prensa e bando de alcaldía, así como tamén se publicitará as bases e os prazos con tempo amplio.
Primaremos a estabilidade no emprego nas plantillas e na execución directa de obras e servizos en aquelas empresas que pretendan a adxudicación de obras e servizos ofertadas polo concello.
Centro de Estimulo Empresarial e Formación. Asesoramento a PYMES e o autoempleo a través dun novo organismo denominado Escola de Promoción e Desenvolvemento Económico que traballe en I+D.
Potenciar as Escolas Taller e Obradoiros de Emprego
Estableceremos convenios de colaboración cos axentes sociais para potenciar o labor de fiscalización no cumplimento das medidas de prevención de riscos laborais así como de todas as actuacións en materia de contratacións.
Potenciar os servizos públicos, con empregos públicos (atención a dependentes, limpeza).
Reserva de prazas para promoción interna.
Centro de Formación Permanente para mozos sen titulación.
Locais para emprededores gratuítos dotados de servizos .
Transparecia e garantías de obxectividade no sistema de selección do persoal.