Nota de prensa
CON AXUDAS OU SEN AXUDAS PÚBLICAS SARGADELOS SEGUE PERDENDO POSTOS DE TRABALLO QUE NON SE VAN RECUPERAR
O BNG pregúntase cal é o papel da Xunta de Galiza na reactivación do ERE de extinción de contratos que debía paralizarse a cambio de axudas públicas
Os nacionalistas lembran que a Consellaría de Industria condicionou unha axuda de un millón de euros a que non houbera mais despedimentos na empresa
Cervo, 4 de abril de 2011. O BNG preguntouse cal e o papel da Xunta de Galiza na nova extinción de seis empregos na Cerámica de Sargadelos tendo en conta que a axuda anunciada pola Consellaría de Industria dun millón de euros en dúas anualidades, estaba condicionada a evitar a perda de mais postos de traballo e á parálise do ERE de extinción aprobado en setembro. Os nacionalistas descoñecen si a empresa cobrou a parte correspondente a este ano e non entenden como e posíbel que se inxecte diñeiro público cando nin se readmite ás oito persoas despedidas en función do ERE de setembro e agora vense incrementadas en seis mais ao retomarse a extinción de contratos no grupo cerámico. O BNG critica a falta de control da administración autonómica e o silencio do goberno local que non din nada mentres en Sargadelos con axudas ou sen axudas públicas séguense perdendo postos de traballo que non se volverán recuperar.
Vendeuse a axuda pública dun millón de euros a cambio dunha paralización na extinción de contratos que nos se produce.
Tanto a empresa como a Consellaría de Industria e o goberno municipal de Cervo anunciaron o apoio económico ao grupo cerámico como a solución para evitar a perda de mais empregos en Sargadelos, para iso asinouse un novo ERE de redución de xornada que deixaba paralizado o ERE de extinción anterior aprobado pola Xunta en setembro do ano pasado, durante o tempo de aplicación do actual. Os traballadores e traballadoras de Sargadelos asumiron o esforzo de reducir horas de traballo e salario pero a sangría na perda de empregos en Sargadelos non cesa. Para o portavoz municipal do BNG Xoán Estúa, “Xunta, empresa e goberno local non só permitiron que a cambio de diñeiro público, non se readmitira ás oito persoas despedidas con anterioridade, senón que Sargadelos segue perdendo emprego, agora seis postos mais, que no se van volver recuperar.”
Non se cumpren os acordos pactados nin coa Xunta nin co cadro de persoal e temos unha Consellaría de Industria que está ausente.
Ademais de incumprirse o acordo coa Consellaría de Industria para recibir unha inxección económica moi importante, “con vixencia de dous anos nos que quedaba paralizada o ERE de extinción e por tanto a perda de mais postos de traballo”. A aprobación do posterior ERE de redución de xornada estaba condicionada a que mentres estivera vixente, “non se producirían mais despedimentos”. Os nacionalistas critican a ausencia de control e cumprimento dos acordos, “aquí ninguén cumpre os acordos, nin a empresa, nin o goberno galego que ademais de poñer o diñeiro si o puxo, esta ausente e non se lle espera”, denunciou Estúa, que lembrou que “xa van 14 postos de traballo perdidos e a sangría pode continuar”.