SAIÑAS ORGANIZA UN NOVO FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA
O vindeiro sábado 16 de abril, ás 7 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o IIIº FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.
No mesmo van participar os seguintes grupos ou agrupacións:
-“A SUBELA” de Foz.
-“EL CASTRO” de Columbrianos – Ponferrada.
-“FARAGULLAS” de Teixeiro.
-“ÑÁÑARAS” E “CACHARELAS” de Saiñas de Xove.
Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove.
En total van a participar orredor de 100 nenos/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente. En canto á particpación dos distintos grupos, a presenza de “A Subela” de Foz e de “Faragullas” de Teixeiro débese a un intercambio, respondendo estes grupos cunha devolución de visita, xa que Saiñas xa foi a Foz e a Teixeiro a particpar nos festivales de ámbolos dous grupos. En canto á presenza do grupo de Columbrianos, que vai actuar en Xove por primeira vez, lle será devolta esta visita por parte de Saiñas, pero xa o vindeiro ano.
Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.