Site icon Crónica3.com A Mariña

Riototo celebrou a “Feira da artesanía do ferro” que cada ano gaña unha maior repercusión

Nota de prensa

*ANTONIO VEIGA INAUGUROU HOXE A V FEIRA DA ARTESANÍA DO FERRO EN RIOTORTO*

*O delegado de Cultura da Deputación xunto ao alcalde de Riotorto, Federico
Gutiérrez Estoa, abriron oficialmente a V edición da feira adicada á tradición
ferreira do concello, que cada ano gaña unha maior repercusión*

*A través do Plan do Ferro, a Deputación de Lugo investiu 190.000 euros para
recuperar o oficio de ferreiro, ademais de poñer en marcha estratexias de posta
en valor e dinamización turística*

*RIOTORTO, 10 de abril de 2011*.O deputado da Área de Cultura da Deputación de
Lugo, Antonio Veiga, inaugurou esta mañá a V Feira da Artesanía do Ferro en
Riotorto, acompañado do alcalde de Riotorto, o tamén nacionalista Federico
Gutiérrez Estoa, o presidente do GDR Montes e Vales, Xosé López Tellado e
membros da corporación municipal. Federico Gutiérrez lembrou a importancia que a
artesanía do ferro ten para o concello de Riotorto non só desde o punto de vista
etnográfico ou da tradición, senón tamén como un motor económico que sexa capaz
de xerar emprego e riqueza, ademais de ser unha fonte de atracción do turismo.
Neste sentido apuntou que “temos que agradecer á Área de Cultura da Deputación
de Lugo o seu apoio para contribuír a que a tradición do ferro se erixa como un
piar de desenvolvemento económico e social para Riotorto”.

Os actos de apertura da V Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto contaron coa
actuación dos “Gaiteiros de Riotorto” e tamén do coro municipal, para pasar logo
a unha demostración en vivo de forxado e traballo co ferro tal como se fixo
sempre en Riotorto. As autoridades tamén puideron presenciar varias
demostracións en vivo da realización de pezas en ferro doutros lugares, como a
ofrecida polos ferreiros da Fonsagrada, ou o obradoiro de ferro a cargo do
ferreiro austríaco Friedrich Bramsteidl. O delegado da Área de Cultura da
Deputación, Antonio Veiga, coa compaña do alcalde de Riotorto, aproveitou para
percorrer os postos adicados á exposición de artesanía, que incluían outro tipo
de produtos a maiores dos realizados con ferro, como produtos gastronómicos,
pratería, cestería ou traballos de coiro.

Federico Gutiérrez Estoa falou do importante investimento que se realizou para
poñer en marcha o Plan Estratéxico do Ferro 2010-2015, que contou polo de agora
cun investimento de máis de 190.000 euros, poñendo en marcha un obradoiro de
emprego mediante o cal 12 veciños as técnicas de elaboración da ferramenta de
ferro durante un ano, así como outras actividades como visitas guiadas de
escolares ao concello para coñecer a tradición ferreira e recuperación das
marxes do río Torto para realizar unha senda transitábel.

Exit mobile version