Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata a I Liga Prebenxamín de Fútbol Sala da Mariña cunha xornada festiva e de convivencia

Nota de prensa

Este domingo 10 de Abril de 2011 terá lugar nos pavillóns Monte
Caste e Vista Alegre de Burela a clausura da I Liga Prebenxamín de
Fútbol Sala da Mariña.

Deste xeito pola mañá serán protagonistas os nenos nados en 2004
e 2005, categoría mini-prebenxamín (grupo prebenxamín II), que
xogarán partidos de 15 minutos de duración dende as 10:00 horas
da mañá, enfrontándose tódolos equipos participantes entre si.
Neste turno de mañá, os encontros terán lugar no pavillón Monte
Castelo de Burela. Os equipos participantes son AD Santiago de
Foz, CD Burela FS, ED Mondoñedo, ACD Xove e AD Praia de
Covas. Ó remate destes partidos, aproximadamente ás 13:20 horas
terá lugar a entrega de trofeos e medallas.

No turno de tarde entrarán a escea os nenos nados no 2003,
categoría prebenxamín (grupo prebenxamín I). Tamén xogarán
todos entre sí con encontros de 15 minutos de duración, dende as
15:30 horas da tarde. Estes encontros xa se disputarán no pavillón
Vista Alegre. Os participantes son: AD Santiago de Foz, CD Burela
FS, ED Mondoñedo, ACD Xove, AD Praia de Covas e Club del Mar
FS. Ó remate destes outros partidos, aproximadamente ás 20:30
horas terá lugar a entrega de trofeos e medallas.

A organización la liga prebenxamín espera que este evento se
convirta nunha gran festa e unha xornada de convivencia para os
máis pequenos e as súas familias

Exit mobile version