En foz a 28 de abril de 2011
¿A que se refiren con igualdade, mérito e capacidade? A non poder presentar os títulos académicos e de formación, xa que non se recollen en algunhas das súas bases.Vexan exemplo: Titulación esixida para unha praza de Auxiliar administrativo: graduado escolar ou graduado en ESO e equivalente. Na fase de concurso puntuase a experiencia profesional de forma excesiva (35ptos), o meu entender, e co agravio de que se non eres traballador do Concello de Foz pero si desempeñaches o mesmo posto noutro conncello a puntuación recibida e inferior…aínda que O TRABLLO E O MESMO…PORQUE? E Por outra a parte a formación en cursos so ten unha valoración de 5 ptos…neste caso. Noutros casos, quizais, máis sangrante xa non se puntua a formación…Vexan caso de Oficial de 1º para quen non se esixe titulación,cando o único que lle puntua e ter carnet de conducir (B e C) ainda que a formación en cursos xa non se nomea….Sigan lendo xa que o examen que se requiere a unha persoa sen estudios consta de 2 temas relativos a Constitución Española de 1978 e O rexime local español xunto con un temario especifico de 8 temas ….como faran estas xentes, pregúntome, para estudiar e comprender o examén cando quizais por situacións persoais non puideron ir a escola…pero, como decía miña avoa,si era coñecedora das “catro regras”.
Isto non e todo, fagan unha lectura profunda das bases e atoparanse con que ter carnet (b) e coche propio e unha formación puntuable con 10 ptos de máximo para desempeñar a labor de auxiliar de servicios múltiples pero non se puntuara ningún curso feito na administarción pública…¿porque? Imaxina a miña decepción por no ter igualdade de condicións, méritos, e de capacidade…
No canto o tema de publicidade…recordo que en cada unha das convocatorias de emprego publico feitas no Concello de Foz se publicaban na paxina web do concello…¿e estas porque non?….No mesmo sentido recordarlles que co plan Lugop emprego, de seis meses de contrato, para postos de igual categoria laboral si se pedían estudos e a formación se puntuaba.
Espero que os lectores entendan o meu cabreo…estudiando parte da miña xuventude, formandome case que ano por ano…e agora que quero optar a un posto de trballo fixo de nada me vale…porque canto menos tes mais che valoran.
Non sei de quen e a culpa e non busco culpables, pero a verdade e que quen permite estas bases esta impedindome indirecta e directamente acadar un posto de traballo fixo.
Sen máis cada quen ten que miran polo seu…e Deus polo de todos.