Nota de prensa
Debate no Parlamento
ISMAEL REGO: “QUE FAVORES DEBE O PARTIDO POPULAR AO ALCALDE DE BARREIROS?, EU ESPERO QUE SE SAIBA ALGÚN DIA E QUE ACABEN POR DESCUBRIRSE”
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lembrou que o Concello de Barreiros que conta con 3.203 habitantes “cando chegou a febre marbellizadora da construcción, nun so un ano outorgou licencias para 5.800 vivendas”
-Advirte que o convenio asinado por Feijoo avala por un lado a impunidade do Alcalde “que destrozou un Concello”, sen solucionar o problema do cumprimento da legalidade urbanística
-Dixo que a día de hoxe as desfeitas urbanísticas de Barreiros seguen a pesar das promesas de Feijoo sen solucionar como fai 2 anos
-Afirma que “si na pasada lexislatura non se tomaran as medias que se adoptaron con este Concello lucense os propios veciños de Barreiros terían agora problemas de saneamento e de abastecemento de augas e de enerxía eléctrica”
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha moción sobre o urbanismo no concello lucense de Barreiros. Rego lembrou que a Mariña de Lugo é un territorio con moitas posibilidades para o desenrolo do sector turístico de Galicia. Pero asegura que a febre marbellizadora da zona por parte dos dirixentes do Partido Popular “fixo que un Alcalde que tiña sen adaptar a súa normativa urbanística a lexislación urbanística de Galicia, aprobada no ano 2002, non aprobou esta lei, pero estívoa aplicando como si estivera aplicada”.
O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lembrou que o Concello de Barreiros que conta con 3.203 habitantes “cando chegou a febre da construcción, nun so un ano outorgou licencias para 5.800 vivendas ”.
Rego explicou que na pasada lexislatura o anterior Goberno “requiriu ao Alcalde para que non sacara adiante estas licencias”, xa que non estaban garantizados servicios básicos, non había estructura urbana, nin espacio libres, e tampouco equipamentos como saneamento, abastecementos de augas ou enerxía eléctrica como xa informara a propia Compañía ao Concello e a Xunta de Galicia.
O deputado socialista dixo que o Goberno de Touriño suspendeu as normas do Concello de Barreiros e aprobou unhas normas provisionais para non prexudicar ao Concello lucense, pero lamentou que a reposta do Alcalde popular foi “acudir a distintos aos platos da CRTVG para enviar unha mensaxe de Alcalde maltratado, apoiado polo propio Partido Popular”. E comparou a actitude do Alcalde de Barreiros coa de Julian Muñoz en Marbella.
Fiscalía tomou cartas no asunto
Argumenta que tralos contenciosos presentados ante TSXG “a fiscalía tomou cartas no asunto”. Dixo que dende a Administración Autonómica emprazouse ao Alcalde a dar unha resposta a esta situación “co elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal para subsanar a desfeita existente e para que os cidadáns contaran con tódolos servicios”.
Pero denuncia que trala chegada de Feijoo á Xunta de Galicia “déuselles alas ao Alcalde de Barreiros, xa que anuncia que se retiran os contenciosos pendentes e que asinan un convenio para arranxar a desfeita urbanística”. Advirte que este convenio avala por un lado a impunidade do Alcalde “que destrozou un Concello”, sen solucionar o problema do cumprimento da legalidade urbanística.
Así as cousas Rego dixo que a día de hoxe as desfeitas urbanísticas de Barreiros seguen a pesar das promesas de Feijoo sen solucionar como fai 2 anos.
O parlamentario socialista afirma que “si na pasada lexislatura non se tomaran as medias que se adoptaron con este Concello lucense os propios veciños de Barreiros terían agora problemas de saneamento e de abastecemento de augas e de enerxía eléctrica”.
O deputado mariñao preguntou dende a Tribuna da Cámara “que favores lle debe o Partido Popular ao Alcalde de Barreiros?, eu espero que se saiba algún día”, e proseguiu “en Marbella tardaron en descubrirse e eu estou seguro que as cuestións de Barreiros acabaran descubríndose”, espetou.
Convenio
Sobre o Convenio de Barreiros, que se atopa vixente, dixo que non hai ningún apartado donde se constate que os promotores van investir para urbanizar o concello. E demandou que non se “burla a Lei con este Convenio”, e reclamou que se suspendan esta parte do convenio. E concluíu “hai actuacións da Fiscalía que non se sabe a donde van a parar”.
Xustiza
E resumiu que despois do comportamento do PP no Parlamento votando en contra da moción socialista advertiu “que so os Tribunais de Xustiza poden poñer as cousas no seu sitio, na desfeita urbanística de Barreiros en defensa dos intereses dos seus veciños”.