NOTA DE PRENSA
O PP rexeita unha emenda para licitar os tramos pendentes do Corredor Ferrol-San Cibrao
ISMAEL REGO AFIRMA QUE O ÚNICO INTÉRESE DO PP É FACER ELECTORALISMO PARTIDARIO A COSTA DOS CIDADÁNS DA MARIÑA LUCENSE
-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lamentou a intransixencia, xa que impediu un posicionamento unánime sobre esta infraestructura fundamental para o desenrolo da Mariña
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha emenda sobre o corredor da Costa. Rego reclamou licitar ao longo do ano 2011 tódolos tramos pendentes do Corredor Ferrol-San Cibrao, co obxectivo de rematar este vial no horizonte do 2014. Tamén solicitou que se licite de inmediato o proxecto da variante de Viveiro, redactado no ano 2009 e acordado co concello, por ser o principal problema de mobilidade en todo o percorrido deste vial autonómico. E demandar do Goberno de España que licite neste ano a autovía Barreiros-San Cibrao, logo de ser aprobado o estudio informativo, para que poida estar rematado no horizonte do ano 2014. O PP rexeitou esta proposta.
Trala votación o deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lamentou a intransixencia partidaria do PP, xa que impediu un posicionamento unánime sobre esta infraestructura fundamental para o desenrolo da Mariña.
Rego afirma que o único interese do PP é facer electoralismo partidario a costa dos intereses dos cidadáns da Mariña, “xa que critican a quen traballa e se comprometen con Galicia como o Ministerio de Fomento”, espetou. E denuncia que a Xunta de Feijoo ten paralizada a licitación da variante de Viveiro e o resto dos tramos do vial de Ferrol, coa excepción dos que deixou adxudicados o anterior Goberno.