Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP presentou a candidatura para as municipais en Mondoñedo encabezada por María Elena Candia López

Nota de prensa:

“O 22 de maio temos que acadar a maioría para apartar ó bipartito do goberno municipal”

Mondoñedo, a 10 de abril de 2011.- “Os bipartitos son unha lacra, unha mala opción para que cumpran o mandado de xestionar os recursos dun concello”, asegurárono hoxe en Mondoñedo os representantes populares durante a presentación da candidatura que que encabeza Elena Candia. Un acto no que, entre outros cargos electos e orgánicos do partido, tamén participaron Jesús Vázquez e o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro.

Durante o acto recalcose que Mondoñedo é un exemplo claro do mal resultado que dan as “coalicións de perdedores” que se limitan a repartirse competencias, a competir entre si e a gastar moito en si mesmos pero que se esquecen do verdadeiramente importante e o obxectivo final para o que asumiron a responsabilidade de gobernar: defender os intereses dos veciños ós que representan.

“Vimolo xa na Xunta bipartita e os galegos deronse conta que de que era preciso cambiar e estanse decatando delo co goberno provincial, o máis caro da historia da institución e tamén o máis ineficaz”, explicaron.

Recalcaron asimismo que para asegurar o benestar e a prosperidade de Mondoñedo é preciso contar tras o 22 de maio cun goberno forte e estable, respaldado por un partido responsable e consciente do difícil momento económico no que nos atopamos, capaz de aportar solución e estar centrado no verdadeiramente importante: gobernar para todos, en interese de todos, e ser moi escrupuloso na xestión e sobre todo no gasto.

Advertiron a este respecto que “non podemos quedarnos como nas eleccións de 2007 a un puñado de votos de acadar a representación suficiente como para gobernar por maoría”. “Temos que arrasar o vindeiro 22 de maior porque, do contrario, os perdedores xuntaranse para seguir preocupándose moito de si mesmo e moi pouco dos veciños ós que teñen a obriga de defender”, apuntillaron.

Candidatura de Mondoñedo

1.- María Elena Candia López

2.- Ramón García Geada

3.- José Otero Rejes

4.- Aida Basanta Basanta

5.- Teresa Freire Sánchez

6.- Sonia Fernández Cillero

7.- Sabina Allende Menéndez

8.- Miguel González Veiga

9.- Alfonso Cancela Castro

10.- José Ramón Díaz Barreira

11.- María José Cociña Baño

Suplentes

Gervasia Cabanas Eiras

María Milagros Martínez Rivas

Montserrat Basanta Iglesias

Manuel Pardo Bello

Luciano Folgueira Lorigados

Marcos Cabanas Sánchez

Veremundo García Fernández

Irma Iglesias Pérez

Luis Otero Pena

Angeles Rodríguez Rico

Exit mobile version