Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP na Mariña pide a PSOE e BNG que aclaren si no PSOE están a favor ou en contra de reclamar medios policiais para a comarca

Nota de prensa

Socialistas e nacionalistas manteñen posicións distintas e contraditorias dependendo do concello no que se atopen
O PP PIDE A PSOE E BNG QUE ACTÚEN CON COHERENCIA E ACLAREN SI ESTÁN A FAVOR OU EN CONTRA DE RECLAMAR UN REFORZO DOS MEDIOS POLICIAIS PARA ATALLAR A VAGA DE ROUBOS

A moción do Grupo Popular reclamando unha maior seguridade cidadá foi apoiada por unanimidade no pleno municipal de Foz e rexeitada, cos votos do Goberno bipartito, no pleno municipal de Burela.

Os populares valoran e son conscientes do esforzo dos axentes de Policía e Garda Civil pero subliñan que, quen falla aquí son os mandos políticos da Subdelegación do Goberno e do Ministerio do Interior.

A Mariña, 5 de febreiro de 2011.- O Partido Popular da Mariña pide a PSOE e BNG que actúen con coherencia e responsabilidade e aclaren si están a favor ou en contra de reclamar un reforzo dos medios policiais presentes na nosa comarca para atallar a vaga de roubos que se vén producindo nas últimas semanas.

Ata o momento tanto socialistas como nacionalistas manteñen posicións distintas e incluso contraditorias dependendo do concello no que se atopan. Así, mentres a moción do Grupo Popular reclamando unha maior seguridade cidadá foi aprobada por unanimidade no pleno municipal de Foz, socialistas e nacionalistas rexeitaban esta mesma reclamación no pleno municipal de Burela.

Os populares lamentan que as forzas do malogrado bipartito non se tomen en serio unha cuestión desta importancia, que está a xerar grande inquedanza nos veciños da comarca, e sinalan especialmente grave que PSOe e BNG se vexan incapaces de apoiar unha petición que tan só busca garantir máis seguridade para os veciños, as súas vivendas e as empresas e comercios da Mariña lucense.

Desde o PP queren deixar claro que son conscientes do esforzo que están a realizar os traballadores dos corpos e forzas de Seguridade –Garda Civil e Policía-. “Sabemos que os axentes son os primeiros interesados en combater este repunte da delincuencia, pero o que aquí están a fallar non son eles senón os mandos políticos, a subdelegación do Goberno do Estado e o Ministerio do Interior, que se ve incapaces de reforzar, como corresponde, o operativo policial da nosa comarca, de tal xeito que poña fin, persiga e disuada a actuación dos delincuentes que, ata o momento, actúan con grande impunidade”.

Exit mobile version