Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP decatase tras catro anos que o goberno de Burela non se preocupou polo ensino público

Nota de prensa

O PP considera que o bipartito esqueceu ós colexios e ás anpas.

Nunha reunión coas ANPAs dos CEIPs, os populares comprométense a recuperar as aportacións económicas ós centros e ás ANPAs.
“Zapatero en Burela chámase Alfredo Llano”, afirman os populares no Mesón do Poeta.

Burela, 6 de abril de 2011.- O Partido Popular de Burela afirmou hoxe que os catro anos de bipartito burelés constatan que non houbo ningunha preocupación polo ensino público, xa que PSOE e BNG do único do que se preocuparon foi de eliminar as subvencións nominativas que había co PP para os centros de ensino e para as ANPAS, e resulta que agora, xusto antes das eleccións, prometen seiscentos euros para unha excursión, pero seiscentos euros que ainda ninguén veu.

O PP puxo esto de manifesto nunha reunión coas ANPAs dos CEIPs “Virxe do Carme” e “Vista Alegre” mantida onte martes na sede dos populares. Pero tamén se comprometeu a retomar precisamente as subvencións nominativas para os centros de ensino e as asociacións, en base ó criterio de que se pode facer máis con menos, en función do plano de control de gasto que os populares aplicarán no momento de tomar posesión do goberno local.

Desde o PP tamén se comprometeron a facer as xestións pertinentes coa Xunta para garantir o correcto estado dos dous colexios. Os populares entenden que as boas relacións coa Xunta poden facilitar un axeitado mantemento dos edificios. Nese sentido, consideran que é o concello o que tén que acometer os problemas de tensión no subministro eléctrico que sofre en parte do CEIP “Virxe do Carme”. “Non facelo, indican os populares, significa esquecerse das competencias que lle son propias ós concellos”.

Os populares tamén mantiveron onte a última hora da tarde unha reunión no Mesón do Poeta con aproximadamente trinta veciños. Nesa xuntanza, o PP manifestou que Zapatero, en Burela, chámase Alfredo Llano; e os cidadáns de Burela saben perfectamente quen e que partido subiu a luz, subiu os impostos, levou o paro a onde o levou, e quen conxelou as pensións facendo así que os xubilados perdan poder adquisitivo.

Nos próximos días, o PP continuará mantendo reunións con colectivos e con veciños polos distintos barrios de Burela.

Exit mobile version