Nota de prensa
O PP afirma que o bipartito burelés só pode presentar incumplimentos.
Considera que o Plan E e o convenio coa Deputación foron “cartos malgastados”.
Os populares visitan os barrios e reúnense con colectivos para explicar o seu programa.
Así, indican que o bipartito dixo que contaríamos un parque empresarial, e non se fixo ningún trámite; prometeuse un autobús urbano, e nada se sabe do mesmo; non se fixo nin un só metro de carril-bici; acórdanse agora da área recreativa do Castelo, pero os elementos de madeira estanse deteriorando a pasos axigantados; cargáronse as noites alternativas que había para a xuventude; Torrentes tiña que estar rematado hai tres anos e ainda hai para meses, etc.
Ademais, desde o PP consideran que os cartos do Plan E e o convenio coa Deputación, un total de tres millóns e medio de euros, foron “cartos malgastados, xa que só se vén as farolas de deseño que o alcalde pagou a dous mil cincocentos euros cada unha”. Os veciños e veciñas de Burela, afirman os populares, pregúntanse onde se meteron tantos cartos, porque deberían verse bastante máis. Mentres, os colectivos non reciben ningunha aportación económica e as axudas dos corenta euros só duraron dous anos.
Os populares consideran que os veciños teñen dereito a saber a verdade e a saber exactamente que quere facer cada partido, sen ningún triunfalismo, sen ningunha demagoxia. E nese sentido, o PP comenzou unha nova rolda de visitas polos barrios bureleses para explicar o seu programa electoral, e recordarlle tamén ós cidadáns os incumplimentos do bipartito burelés.
Igualmente, os populares comenzaron hai uns días outra rolda de conversas con asociacións e colectivos, para explicar detidamente as liñas de traballo para os próximos catro anos, na seguridade de que o PP acadará a maioría absoluta que hai catro anos se perdeu por mui poucos votos. De feito, os populares xa se reuniron con ABSA, coa Confraría, O Vencello, o Clube de Baloncesto, Ledicia, e Amas de Casa e Asociación “Esperanza”, e continuarán nos próximos días.