Nota de prensa:
O GMPP lamentan que non se fixeran aceras na estrada que vai ó cemiterio municipal.
Os populares afirman que o alcalde non presentou solicitude ante a Deputación para contar con marquesinas.
“Esto demostra a súa falla de traballo e a súa deixadez”, aseguran desde o GMPP.
Burela, 30 de abril de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela lamentou hoxe a descarada deixadez e falla de traballo do alcalde burelés nas súas relacións con outras administracións.
Así, os populares critican que o alcalde fose incapaz de xestionar ante a Deputación Provincial a construcción de aceras na estrada provincial Burela-Rúa, no tramo que vai desde o cuartel ó Cemiterio Municipal, alomenos pola marxe dereita. Esta obra, que non é tan costosa, puido tela acometida a Deputación nestes catro anos, a pouco que o alcalde presionase ó presidente da Deputación. Pero resulta lamentable que agora se acorde de colocar bancos, e non fose capaz de xestionar as aceras.
Ademais, os populares lembran que a Deputación vai colocar marquesinas nas estradas da súa competencia a petición dos concellos. Pois ben, os populares consideran que na estrada Burela-Rúa antes indicada se poderían colocar dúas ou tres, especialmente no aparcamento do propio cemiterio, e que tamén eran factibles outras dúas na estrada Burela-San Cibrao, unha á altura de Ril e outra á altura da Marosa.
Segundo os populares, o alcalde nin se dignou a presentar a solicitude, o que demostra a súa absoluta falla de dedicación ó cargo que ocupa, e a súa descarada deixadez ante os asuntos máis sinxelos e do día a día.
Os populares afirman que estas cuestións serán incorporadas ó programa municipal do PP.