Nota de prensa:
O GMPP afirma que o GRUMIR non está funcionando por culpa do alcalde.
Os populares insisten en que o alcalde non solicitou a contratación anticipada.
Dubidan da capacidade do alcalde de calcular o tempo.
Burela, 30 de abril de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o GRUMIR non está funcionando por que non lle deu a gana ó alcalde. Os populares insisten en que o alcalde puido solicitar a contratación anticipada dos doce traballadores hasta o trinta e un de decembro, e que non o fixo porque non se preocupa polo emprego.
Segundo os populares, o alcalde fai as contas da leiteira, pero non lle salen: como de costume, fala de posibilidades, e demostra que non sabe calcular o tempo. Se o GRUMIR só vai estar operativo, segundo el, seis meses, é imposible que comence o un de xuño e remate o trinta e un de decembro, porque así son sete meses.
O certo é que se poden contratar por nove meses, e que o alcalde fai deixación das súas funcións, porque o concello vai perder cartos ó non telos contratados coa suficiente antelación. Por eso consideramos que o alcalde actúa con irresponsabilidade por non preocuparse nin polos desempregados nin pola seguridade do concello.
Ademais, tén a desfachatez de decir que agora o servicio está perfectamente atendido con oito persoas. Se está perfectamente atendido agora con oito persoas, non entendemos porque pide doce persoas para o GRUMIR, xa que con oito chegaríanlle e podería destinar as catro restantes a outros menesteres. A incoherencia deste home e a súa levedade son tal que o que ocasionan son dúbidas ante a súa forma de actuar.