Nota de prensa
O PP afirma que o seu programa electoral está prácticamente definido.
Define seis áreas de traballo, “coherentes coas grandes liñas do programa electoral”.
Barcia: “non temos problemas de reparto de áreas de traballo: temos un único equipo e un único programa”.
Burela, 29 de abril de 2011.- O Partido Popular (PP) de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que tén prácticamente definido o seu programa electoral, a falta de retoques e suxerencias de última hora.
O programa electoral do PP está estructurado en seis áreas de traballo. Cómpre destacar que se crean seis grandes áreas, entre as que destaca a área económica, na que se engloban Comercio, Industria e Emprego, ademáis da propia área económica en si mesma. Igualmente, confórmase unha área que engloba Obras, Urbanismo, Tráfico e Protección Civil. Outra grande área é a de Servicios Sociais, que abarca todo aquello que tén que ver coa calidade de vida das persoas.
As outras tres áreas de traballo son Mar e Medio Ambiente, que se unifican; Cultura, xuntamente con Educación e Turismo, e por último Xuventude e Deportes.
Segundo o candidato do PP, José María González Barcia, este esquema “é coherente coas grandes liñas do noso programa, que se basea na idea de proxectar Burela desde unha perspectiva de potenciación económica e de millora da calidade de vida dos veciños e veciñas da localidade”. Ademais, indicou Barcia, “tomamos nota da nosa experiencia anterior no goberno municipal, para facer os pertinentes axustes; cremos que o experimento do bipartito non funcionou, porque usaron un reparto semellante ó que se fixo na Xunta de Touriño e Quintana, e xa sabemos como rematou ese experimento”.
Barcia manifestou que “no PP non temos problemas de repartir áreas de traballo entre uns concelleiros e outros, porque temos un único equipo e polo tanto un único programa”.